Torre de Amarante

martes, 9 de enero de 2018

O PSOE de Antas denuncia “a política clientelar e caciquil do Alcalde coa supresión da celebración da Festa de Fin de Ano no centro da vila”

-  A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, anunciou que preguntará no Pleno “cales foron os motivos polos que non se realizou esta celebración no centro da vila, e nun lugar céntrico e público, como todos anos”
- Lembra ademais que presenta esta queixa tras as demandas do sector hostaleiro e dos veciños, “que non entenden porque non se celebrou na praza cuberta do Concello, o lugar habilitado para este tipo de celebracións”
- A voceira empraza ao Alcalde a poñerse a traballar por todos e cada un dos veciños de Antas de Ulla, e pediulle que recupere outras celebracións consolidadas como o Dia dos Maiores ou a Feira do Queixo

Antas de Ulla (Lugo), 5 de xaneiro de 2018.- A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, denunciou hoxe “a política clientelar e caciquil do Alcalde coa celebración da Festa de Fin de Ano da vila”. A voceira anunciou que preguntará no vindeiro Pleno “cales foron os motivos polos que non se realizou esta celebración no centro da vila, e nun lugar público, como se leva facendo dende fai anos”.

García Porto remarcou “que presenta esta queixa tras as demandas que lle fixeron chegar ao Grupo Socialista os veciños de Antas de Ulla, “xa que non entenden porque esta celebración con gran tradición entre a poboación, non se celebrou na praza habilitada para estes eventos”.

A voceira socialista empraza ao Alcalde a poñerse a traballar por todos e cada un dos veciños de Antas de Ulla, e pediulle que deixe de utilizar os recursos públicos en beneficio de toda a poboación, e recupere outras celebracións consolidadas como o Dia dos Maiores ou a Feira do Queixo.


Por último García Porto dixo que “a actitude pasotista do Rexedor privou aos veciños de Antas de Ulla da celebración da Festa de Fin de Ano, que é o mais grave. Non se pode gobernar o Concello de costas aos veciños, senón dialogando a traballando ao seu carón, polo tanto pedímoslle que abandone esta actitude ditatorial; e demandámoslle que conte con todos para tomar estas decisións”, resumiu.