Torre de Amarante

martes, 5 de septiembre de 2017

O PSOE de Antas demanda melloras no único parque infantil e denuncian que non cumpre as mínimas normas de seguridade

Os socialistas realizamos esta reclamación, unha vez máis, propoñendo ao alcalde que tome medidas para restaurar o único parque infantil que existe en Antas de Ulla. A resposta foi nula ata o momento, e a implicación do goberno municipal na resoluución do problema tamén. A día de hoxe a situación de deterioro é maior e tamén se precisaria desinsectación pola aparición de pulgas que producen picaduras aos nenos. 

No mes de xullo advertimos ao alcalde  que non hai mantemento nas instalacións do parque infantil, que o vaia do peche perimetral está rota, os elementos de xogo desconchados e con partes de madeira astilladas. Por iso, demandamos mediante unha moción rexistrada,  que  o Concello de Antas de Ulla realice labores de limpeza no Parque Infantil para garantir aos usuarios as condicións hixiénico-sanitarias.

A atención á nosa proposta foi nula e o resultado son nenos acribillados por picaduras de pulgas.


A comenzos do verán rexistramos no Concello unha moción para esixir ao Alcalde mellores dotacións no único parque infantil da localidade que non cumpre as mínimas normas de seguridade e hixiene.

Advertímoslle que o mantemento desta instalación infantíl foi practicamente nulo dende a súa creación, por iso está sucio, con acumulación de lixo na papeleira e en todo o recinto. Sinalamos tamén que tampouco hai mantemento nas instalacións, xa que levan varios meses coas lousas levantadas, o vaiado do peche perimetral roto, os elementos de xogo desconchados e con partes de madeira astilladas e rotas, con todo o perigo que conleva o mobiliario.

Denunciamos publicamente que a maiores destes desperfectos, o entorno non está adaptado para albergar xogos infantís, xa que a principal rúa pola que discorre pegada ao parque é una falsa rúa peatonal, que só conta con sinalización nunha dirección polo que os vehículos que veñen na outra dirección descoñecen que poden atopar nenos xogando na calzada. A maiores a Praza Nova ten uns elementos decorativos formados por cepos, que tanto pola súa angulosidade, como pola altura, supoñen un claro elemento de risco de accidente para os máis cativos, ademáis fan de refuxo para moitos gatos sen dono. O mesmo sucede coas escaleiras e zona de acceso á Praza Nova dende o Parque, que resultan inseguros para os máis cativos.

Por todo isto,  demandamos mediante unha moción rexistrada,  que  o Concello de Antas de Ulla realice labores de limpeza no Parque Infantil para garantir aos usuarios as condicións hixiénico-sanitarias.

Nesta proposta reclamamos que se realice as labores de mantemento precisas para garantir a seguridade dos nenos e demáis usuarios do Parque infantil;que se repare de xeito inmediato o chan e a valado de peche perimetral; que se
substituía ou modifique aqueles elementos de xogo que polo seu deterioro ou desperfectos poden supor un risco para os nenos e demais usuarios.

Sobre a sinalización viaria demandamos que o Concello de Antas de Ulla adapte a sinalización de falsa peatonalización, na Rúa da Igrexa para que non supoña un risco para condutores e peóns. E que se eliminen aqueles elementos que supoñan un risco ou perigo para os usuarios por non tratarse de mobiliario urbano homologado”.

Demanda dun novo parque infantil

Por ultimo demandamos ao Concello a dotación dun segundo parque infantil ubicado nunha zona que conte cunha mellor orientación, de tal xeito que reciba máis horas de sol no inverno e menos no verán contando cunha zona de sombra nos espazos de xogo.