Torre de Amarante

viernes, 8 de abril de 2016

Os socialistas de Antas denunciamos que os 400.000 euros que se investiron na Praza de España empeoran a seguridade

-  Os concelleiros do PSOE en Antas de Ulla, anunciaron que presentarán unha proposta á Alcaldía para corrixir deficiencias desta obra
- Demandarán revisar os elementos arquitectónicos e contemplar a posibilidade de incorporar outros novos
- Emprazan ao Alcalde “a que tome cartas no asunto con seriedade e responsabilidade, porque o que esta en xogo é seguridade das persoas e a calidade de vida dos veciños de Antas de Ulla”

O Grupo Socialista anunciou hoxe que presentará unha proposta á Alcaldía co fin de corrixir as deficiencias de accesibilidade que ten a obra “faraónica” da praza de España. Denuncia que o Alcalde Antas investiu máis de 400.000 euros “nunha obra que non responde ás necesidades dos veciños, xa que non cumpre a finalidade para a que foi feita que era mellora a accesibilidade desta praza”.

Os concelleiros explican que estes mesmos días “houbo media ducia de accidentados nesa Praza, algún incluso tivo que recibir asistencia médica in situ”. Na proposta, que o Grupo Socialista de Antas de Ulla vai elevar ao vindeiro pleno, demanda que se revisen o elementos arquitectónicos que afectan á seguridade peonil, e solicita que se proceda a súa retirada ou que se modifique a súa ubicación. Tamén reclama que se contemple a colocación de novos elementos que melloren a accesibilidade da praza.

Así mesmo, critican “que fai 3 escasos meses que se abriu a remodelación da Praza de España, e polo de agora, non esta cumprindo a principal función recollida no proxecto a adecuación da praza para mellorar a accesibilidade e a seguridade”. Nese senso advirte que o grupo socialista xa denunciou no seu momento “que a execución desta obra foi precipitada e o remate forzado”, para poder chegar en tempo e prazo a xustificación final da infraestrutura.


Por último a voceira socialista empraza ao Alcalde “a que tome cartas no asunto con seriedade e responsabilidade, porque o que esta en xogo é seguridade viaria é a calidade de vida dos veciños de Antas de Ulla”.