Torre de Amarante

martes, 10 de abril de 2012

O alcalde de Antas aproba un “o simulacro” dunhas contas a todas luces irregulares.

Os socialistas de Antas manifestan que as contas presentadas por Javier Varela son irreais e están falseadas.
Antas de Ulla, 9 de abril de 2012. O pasado Xoves Santo os concelleiros do PSdeG-PSOE de Antas de Ulla recibiron a convocatoria para o Pleno Extraordinario a celebrar no día de hoxe ás 09.30h da mañá para a aprobación da Conta Xeral dos anos 2008, 2009 e 2010. Ademáis da convocatoria previa de celebración da Comisión Especial de Contas para as 9.00h da mañá. Por este motivo manifestan “non puidemos acceder á documentación ata o mesmo momento da celebración das sesións”, segundo eles mesmos aclaran  “esto só responde o interés do alcalde para que dispoñamos da mínima información posible con respecto ás contas municipais”.
Ademáis o Grupo Socialista previamente tiña presentadas alegacións ás contas, así como outros interesados, entre os que eles destacan as presentadas polo anterior interventor municipal e máximo responsable legal do concello no citado período, “creemos que o feito de que se celebrase o Pleno dun xeito tan precipitado pode responder o interés do alcalde para non incluír as alegacións presentadas por Francisco Torrente xa que nelas se verten graves acusacións que poden incurrir en delito por parte da alcaldía”.
Unha vez máis as contas chegan fora de plazo, pero todo apunta a que se segue unha extratexia premeditada para facelo así por parte do equipo de goberno. “Un goberno cun alcalde ó frente que manexan as contas públicas cunha sospeitosa alegría”, manifestan os socialistas que engaden “ a presentación de contas é certo que ten unha responsabilidade moral, pero tamén legal. Esto non é nin o chiringuito nin a empresa privada de ninguén, esto son as contas públicas do Concello de Antas de Ulla”.
Presuntas irregularidades na Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla, S.L. (EPICA, S.L.)
EPICA,S.L. ten uns estatutos que regulan o seu funcionamento e segundo se recolle nos mesmos no cap. III, art. 6º “o Pleno asumirá as funcións de Xunta Xeral”. Pilar Porto apunta que nos case cinco anos que leva como voceira do PSdeG-PSOE en Antas de Ulla o Pleno, e decir, a Xunta Xeral de EPICA,S.L, nunca foi convocada ós efectos de aprobación das contas das anualidades 2008, 2009 e 2010. Nesta aprobación das contas Xerais das tres anualidades nas que se incluen, como non pode ser doutro xeito as contas de EPICA,S.L. o alcalde Javier Varela emite tres informes, un para cada ano onde como responsable do Consello de Administración afirma que as contas de EPICA,S.L. foron aprobadas pola Xunta Xeral, neste punto Pilar Porto aclara “o alcalde emite un documento que falsea a realidade porque o pleno, ou neste caso a Xunta Xeral de EPICA, S.L. nunca foi convocada a tales efectos, minte descaradamente e posiblemente incurra na falsificación dun documento público”, engade “este é motivo máis que sufiente para non apoiar a xestión do alcalde pero non é a única irregularidade da que somos testemuñas”.
Neste punto apuntaron que “o máis prudente e sano para todos sería disolver esta sociedade mercantil que non parece ter ningun tipo de actividade e non cumple cos fins para os que foi creada, e non ten ningún sentido que continúe existindo”, puntualizan “ademáis nos non temos constancia da renovación dos membros do Consello de Administración, trámite que tería que efectuarse cada cinco anos”.
Oscurantismo e falla de información
Noutro orde de cousas, os socialistas manifestan que “a Conta Xeral é o documento final dun exercicio completo, no que teñen que aparecer todas as entradas e saídas de diñeiro, e xustificando cada movemento de cartos ten que haber un xustificante legal”. A información da Conta Xeral foi exposta ó público durante 15 días, e aclaran “nos no  noso dereito de concelleiros solicitamos documentación concreta como facturas, proxectos, órdenes de pago....e outros que forman parte desa Conta Xeral para confirmar que se administrou correctamente dende o equipo de goberno”, “pero non poidemos revisar nin o básico e elemental: primeiro a documentación non estaba á nosa disposición, era documentación de tres anos para consultar no período establecido para a dun ano só, cando chegabamos ó concello ou non estaba o secretario ou os empregados do concello manifestaban que non a tiñan, ou que a documentación das contas era secundaria porque tiñan asuntos máis importantes que tratar....vaia todo tipo de disculpas para que non accederamos os documentos”.
Presentación de alegacións ás contas do 2008, 2009 e 2010
No plazo e formas legalmente establecidos o grupo socialista de Antas de Ulla presentou alegacións ás contas das tres anualidades “a pesar de que so poidemos ver unha mínima parte da documentación solicitada detectamos numerosas e graves irregularidades polo que presentamos as alegacións, das que por certo non temos coñecemento da valoración delas feita pola intervención municipal, so se nos deu conta da resolución emitida pola alcaldía”.
Ademáis hoxe participou como público, como ven sendo habitual nas últimas sesións Francisco Torrente, que portaba un documento coas súas propias alegacións ás Contas Xerais presentadas que non tivo en conta o alcalde e que terán que ser tratadas a posterioridade dada a gravedade que teñen as cuestións nelas apuntadas.
Informes de secretaría-intervención
Os socialistas din “nesta fiscalización das contas nos só revisamos, quen responde da veracidade da información son o alcalde e a persoa delegada para a elaboración dos arquivos informáticos que se entregan ó Consello de Contas” e apuntan “ outra cousa son as obrigas de secretaría-intervención municipal que en períodos anteriores fixo unha labor fiscalizadora como así lle compete, a cal foi absolutamente ignorada polo alcalde pasando por enriba dos numerosos informes nos que se advertía á alcaldía con constantes reparos sobre a legalidade das súas actuacións  na disposición dos fondos municipais, tal e como poidemos comprobar durante o mandato pasado do 2007 ó 2011”.
O actual secretario, tal e como reflexa nos informes emitidos a respecto das Contas Xerais presentadas, non pode realizar unha fiscalización completa e emitir o debido informe, xa que tal e como manifesta nos documentos elaborados non pode acceder á xestión municipal completa que fixo o alcalde dos fondos do concello, e así presenta un exame limitado cos datos que lle facilita o persoal do concello.
Neste punto os socialistas conclúen “polo tanto esta rendición de contas non é real, tan só se trata dun lavado de cara para saír do paso”
Matización doutras irregularidades detectadas
Na última intervención a voceira socialista centrouse nalgúns casos concretos que a entender do seu grupo ademáis de todo o reflexado anteriormente son claros exemplos da mala saúde económica da que goza a economía municipal de Antas de Ulla. E así din “as facturas as que tivemos acceso foron moi poucas tan só as pertencentes a un único proxecto do 2008, falamos do famoso Horto Ecolóxico de Frádegas, aquí atopamos facturas sen xustificante bancario e tamén xustificantes bancarios dos que entre a documentación presentada non fomos quen de atopar facturas, ademáis ó noso entender a certificación deste proxecto está sobrevalorada: primeiro xustifícase que se realiza a obra por administración, é decir con medios propios do concello, para eso contrátanse 10 obreiros (arredor de 72.000€), pero parece que non chegan os medios propios e contrátase maquinaria externa (arredor de 55.000€), maquinaria que veu con maquinista e combustible pero no mesmo proxecto xustifícanse tamén case 6.000€ de combustible....etc...etc...etc....todo un despropósito ata completar un proxecto valorado en 400.000€.” e engaden “ pero ahí non quedou todo, para este proxecto hai un compromiso de mantemento de cinco anos que non se cumple e para ocultar o proxecto inacabado superpónselle unha obra do PLAN E (arredor de 200.000€) para a construcción dunhas piscinas de chapoteo, obra coa que se pretende dar terra á anterior sen respetar os plazos e cambiando ata a denominación da finca”, “ aínda lembramos os precios dos castiñeiros e carballos plantados por importe superior a 50€ a unidade, unha barbaridade”.
Os socialistas nomearon tamén outros proxectos nos que segundo manifestan “todo apuntan a que se certificasen e cobrasen sen chegar a rematarse “como no caso do Saneamento dos Carreiros dos que non se nos presentou a documetación do proxecto e posterior certificación aínda que así de memoria creemos que se trata dunha obra do POS e ningún veciño dos Carreiros ten saneamento municipal na súa casa”.