Torre de Amarante

lunes, 17 de septiembre de 2012

PEDIMOS Ó ALCALDE E ÓS DOUS CONCELLEIROS LIBERADOS QUE RENUNCIEN Á PAGA EXTRA DE NADAL PARA CREAR UN FONDO DE BECAS PARA OS ESCOLARES MÁIS NECESITADOS DO NOSO CONCELLO.


España cambiou radicalmente o 11 de xullo logo de que o Presidente do Goberno anunciase novas medidas que atentan contra os servizos básicos dos cidadáns  certificando así o xiro do seu proxecto político, que vai dende a suba do IVE, ata recortes nas prestacións por desemprego, na Lei de Dependencia, na Educación pública e na Sanidade.
O Executivo Central agarda conseguir co seu plan 56.440 millóns, dos que case o 40% proceden do incremento do Imposto de Valor Agregado que entrou en vigor o 1 de setembro
Entre as medidas que formulou o Partido Popular, está a supresión da paga extraordinaria aos funcionarios.  A tal efecto, os traballadores da función pública municipal, verán reducido o seu poder adquisitivo pola supresión dunha das pagas coa que se completaba o seu salario anual.
Este recorte afecta aos empregados (funcionarios e laborais) do Sector Público e non inclúe os Alcaldes e Concelleiros liberados. O Grupo Municipal Socialista, por coherencia e solidariedade cos traballadores municipais, considera que os cargos políticos deben renunciar a  súa extra de Nadal. Máxime cando as persoas persoas elexidas como cargos públicos desempeñaban o seu traballo no Sector Público, caso este tanto do alcalde de Antas de Ulla Javier Varela Pérez, como da concelleira liberada Doris Sobrado Salgado.

En Antas de Ulla  contamos  con pouco máis de 2000 habitantes, para os que o equipo de goberno puxo a súa disposición a tres persoas como cargos políticos con dedicación exclusiva. Entre os tres repercuten un gasto total de 113.409€, dos cales desglosando o total aprecianse as seguintes singularidades:
Javier Varela Pérez: 2.568,67€/mes brutos + paga extra de xuño completa + paga de nadal 1.712.45€ brutos. TOTAL: 35.105,16€ brutos/ ano + 12.279,72€ por cotizacións a Seguridade Social.
Robustiano Taboada Frías: 1.2072,05€ brutos/mes + paga extra de xuño completa + paga de nadal 848,03€. TOTAL: 17.384,68€ brutos/ano + 5.979,96€ por cotizacións a Seguridade Social.
Doris Sobrado Salgado: 1.850€ brutos/mes + paga extra de xuño completa + paga de nadal 1.233,33€. TOTAL: 25.283,33€ brutos/ano + 7.893,36€ por cotizacións a Seguridade Social.

Destes datos extráese que o total das pagas de nadal dos tres cargos públicos suma o total de 3.793,81€.

Ademais de todo o anterior, neste mes de setembro deu comenzo o curso escolar 2012-2013, que esta vez resulta mais caro que outras para as familias, debido estre outras cuestións ó incremento do IVA que entrou en vigor o pasado día 1 do presente mes.
A maiores hai que dicir que as familias soportan o peso das medidas do Goberno Central e Autonómico e ven dificultada a súa situación particular polo alto índice de desemprego que afecta con especial incidencia ás mulleres e o medio rural por atoparse nunha clara deficiencia en canto ó número de oportunidades laborais.

Tamén hai que resaltar que a economía do noso concello, e polo tanto a das familias de Antas de Ulla,  susténtase básicamente no agro (agricultura e gandeiría) e nos pensionistas, dous colectivos que nos últimos tempos viron ir a menos as súas posibilidades económicas, dada crise e a toma de decisións ligada a esta que se levaron a cabo polo Goberno.

Por iso, o Grupo do PSdeG-PSOE no concello de Antas de Ulla presenta ó Pleno os seguintes acordos.
Que tanto o Alcalde, JAvier Varela Pérez, como os Concelleiros liberados Robustiano Taboada Frías e Doris Sobrado Salgado renuncien á paga extra de nadal.
Que a suma de 3.793,81 euros correspondente a ditas pagas extras se adique a unha bolsa de becas escolares para as familias que teñan maiores dificultades dentro do Concello de Antas de Ulla, para o cal se establecerá un criterio de asignación en función coa declaración do IRPF dos seus pais ou titores e o nivel de estudos cursados.