Torre de Amarante

jueves, 28 de junio de 2012


Os socialistas de Antas manifestan a súa satisfacción ante a posibilidade de ampliación da Residencia da Terceira Idade.
O PSdeG-PSOE de Antas amósase satisfeito ó ver que unha das súas constantes reivindicacións se pode ver satisfeita.
Os concelleiros socialistas amosan incredulidade ante a solicitude de subvencións do alcalde para facer novas inversións no Horto Ecolóxico de Frádegas por importe de arredor de 40.000€.
O Grupo do PSdeG-PSOE propuxo no Pleno que se cedan locais municipais para a súa utilización por parte de asociacións e entidades locais sen ánimo de lucro.
A voceira socialista amosou satisfacción polo que aparenta ser a posta en marcha da tramitación do PXOM.
Antas de Ulla, 28 de xuño de 2012. Hoxe ás 13 horas celebrouse o pleno ordinario no que o alcalde deu conta do anuncio publicado no BOE de 11 de xuño do presente ano polo Convenio específico entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade  Autónoma de Galicia, para la execución, seguemento e evaluación das accións incluídas nos planes de zona das zonas rurais no que se publican dúas importantes achegas para o concello ulloano.
A primeira delas Ampliación da rede de abastecemento de Antas de Ulla por importe de 600.000€ e a segunda Obra e equipamento en Apartamentos para maiores en  Antas de Ulla por valor de 2.817.200€, e que segundo desvelou o alcalde na sesión plenaria “consistirá no arranxo da segunda planta do edificio e construción dunha ala nova”, ante isto os socialistas manifestaron que “sentímonos moi satisfeitos ante a posibilidade de execución destas dúas obras xa que son vellas reivindicacións dos socialistas de Antas, e sen dúbida terán un gran calado entre os nosos veciños pola súa importancia para toda a veciñanza”.Engaden “levamos moitos anos anos pronunciándonos e defendendo a finalización da segunda planta da Residencia para Maiores, porque nos parece imprescindible por un lado para que máis persoas do noso concello queden preto da súa casa e as súas familias cando teñen que ir  a un centro destas características e tamén porque esta infraestrutura creará postos de traballo en Antas, un concello onde non temos moitos recursos á hora de crear emprego”.
A continuación engadiron “e realmente necesario facer melloras na traída do casco urbano de Antas, xa que todos os veráns os veciños sofren nalgún momento as continuas faltas de presión, ou mesmo a escaseza total de suministro de auga, por iso agardamos que con esta importante inversión se solucionen definitivamente os problemas”, tamén engadiron “é preciso continuar traballando tamén nas parroquias xa que aínda son moitos os núcleos rurais que carecen de abastecemento de auga e alcantarillado, que para nós son as primeiras dotacións coas que debe contar calquera aldea, por elo seguiremos esixindo estes servizos para toda a poboación”.
Noutro senso, os socialistas, despois de revisar as resolucións da alcaldía, a través da súa voceira manifestan total incredulidade ante a posibilidade dunha nova inversión en Frádegas, e din “parécenos unha auténtica tomadura de pelo e falla de respeto que se pretenda facer en Frádegas unha inversión de 39.017,38€ despois de que alí xa se xustificaran 600.000€ en inversións. Primeiro foi o Horto Ecolóxico, 400.000€ e despois as Piscinas de Chapoteo, 200.000€ máis”, engaden “non é serio que agora se pretenda xustificar unha inversión de 40.000€ en instalacións eléctricas interiores, fontanería, azulexos, pintura...tendo en conta que o que alí se instalou foron pavillóns de madeira rematados”, manifestan “¿qué se fixo cos 600.000€ de antes?, ¿onde van están eses cartos?” ademais pronuncian, “isto non é minimamente serio cando se certificou o Horto Ecolóxico, que nunca chegou a rematarse nin a poñer en funcionamento, xustificáronse partidas para o acondicionamento xeral da finca e accesos por importe de máis de 137.000€. Agora din que pretenden gastar máis de 21.000 en axardinamento e acondicionamento de exteriores”, amplían a información dicindo que “ o primeiro pavillón de madeira xustificouse por importe de 87.992,17€, despois viñeron os outros e a piscina de chapoteo por valor de 200.000€ e agora din que precisan máis de 6.000 para rematalos por dentro....a nós parécenos que con isto de Frádegas se lle está tomando o pelo ós veciños de Antas sobre todo cando o alcalde xa se atreveu a anunciar nun medio que despois se lles cobrará por acceder alí, ¡¡un auténtico despropósito!!.
Por outra banda os socialistas manifestáronse satisfeitos pola cesión dun espazo público para o seu uso como ximnasio por parte da Asociación Cultural Deportiva Pena de Chaos e neste senso manifestaron “agardamos que este sexa o primeiro paso adiante doutros moitos que deberán vir, se outras asociacións ou entidades, que coa súa actividade repercuten nos veciños de Antas, solicitan ó Concello o uso de espazos municipais para levar acabo as diferentes accións que desenvolvan”.
Tamén valoraron como algo positivo o establecemento dun novo cronograma de traballo para o desenvolvemento de PXOM para adaptalo ás subvencións da Xunta de Galicia. “Valoramos como algo moi positivo para o desenvolvemento económico e urbanístico do Concello segundo o cal no 2014 se levaría a cabo a aprobación definitiva do PXOM, que é unha constante nas reivincacións dos socialistas de Antas e que leva presente nos nosos programas electorais máis de unha ducia de anos”.
No tocante á constitución da mesa local de comercio manifestan “ entendemos como algo necesario e ademáis obrigatorio a creación deste órgano porque así o di a lexislación, pero votamos abstención polas posibles irregularidades, probablemente erros de forma sen importancia, detectadas tanto na convocatoria para a asamblea de constitución como na documentación revisada a tales efectos”. Para este órgano o representante elexido polos comerciantes foi Miguel Delio García Mariño (Mobles Areas).
No apartado de preguntas o alcalde aclarou que todo está previsto para que as piscinas municipais estean abertas ó público o vindeiro día 1 de xullo, e que no próximo pleno aclarará adúbida dos socialistas sobre cal foi o total recaudado coa taxa para  a regularización de edificacións sen licenza, que no seu momento foi calificada de “meramente recaudatoria e abusiva” por parte dos socialistas.