Torre de Amarante

lunes, 21 de febrero de 2011

O PSdeG- PSOE denuncia que Feijoó desmantela sistemáticamente as Políticas Activas de Emprego, e fai uso partidista das mesmas

O PSdeG- PSOE denuncia que Feijoó desmantela sistemáticamente as Políticas Activas de Emprego, e fai uso partidista das mesmas
Sen lugar a dúbidas a sociedade da provincia de Lugo está atravesando un dos peores momentos ecónomicos dos últimos tempos, e a Xunta de Galicia lonxe de poñerlle solución a esta situación elude as súas responsabilidades en materia de aplicación e consolidación de Políticas de Activación de Emprego.
A falla de responsabilidad política levou a Feijoó a unha distribución completamente partidista e sectaria dos programos de promoción do emprego coñecidos como “Obradoiros de Emprego”. Hai uns meses que Feijoó deixou clara a súa ausencia total de compromiso cos parados da provincia de Lugo. Nesta materia o que fixo saltar a alarma foi o feito de que os Plans de Cooperación os concellos para a contratación de parados contasen con 3.000.000 de euros menos que na anualidade anterior, a pesar de que esta provincia contaba con 3.200 parados mais que facía un ano. Ademais este reparto fíxose dun xeito completamente sectario a favor dos concellos gobernados polo PP, que gobernando tan so un 30% da poboación da provincia, levaron un 1.500.884 euros mais que os gobernados polo PSdeG-PSOE, que gobernan o restante 70% da poboación.
A todo esto hai que sumarlle o agravante de que unha vez mais a Xunta de Galicia, con Feijoó o frente, discrimina á provincia de Lugo, e decide facer un reparto sectario dos fondos destinados ás políticas de creación de emprego, no que a obradoiros de emprego se refire, de tal xeito que o 70% da poboación recibe o 20% da inversión dos obradoiros, mentras que o 80% da inversión restante recae nos concellos que suman tan so o 30% da poboación da provincia.
¿Qué criterios de reparto segue Feijoó?, parece que claremante electoralistas, xa que dos oito obradoiros da provincia de Lugo ningún está destinado a concellos gobernados polo PSdeG-PSOE.
Na provincia de Lugo, a día de hoxe, medrou o paro por sexto mes consecutivo, e xa son 25.135 as persoas afectadas no mes de xaneiro, e dicir 2.709 parados mais que no mes anterior.
O incremento de parados na provincia de Lugo no último ano situase nun 12,09 %, o que case duplica a variación porcentual de Galicia nese mesmo período de tempo, que foi dun 6,13%.
O total de poboación dos concellos que solicitaron os obradoiros e non os tiveron sumaba 176.341 habitantes, cun total de 8.370 parados, fronte os concellos que si os tiveron, todos gobernados polo PP, cun total de 27.309 habitantes e tan so 1.297 parados.
Se esto non é un reparto sectario e partidista que Feijoó explique por que discrimina a maioria da poboación da nosa provincia.
Os fondos destinados pola Xunta de Galicia a estes programas no 2010 con respecto ó 2009 descenderon en 900.000 euros, e son medio centenar menos as persoas, e polo tanto as familias, que se van beneficiar deles dun xeito direto. Ante o feito de que so un 0,7% dos parados da provincia se benefician destes programas de incorporación ó mercado laboral, instamos a Xunta de Galicia a que diga a verdade e fale claro, e a que se poña a traballar en políticas serias e rigurosas que lle den prioridade a paliar as dificultades laborias polas que pasan moitas persoas e familias desempregadas desta provincia. E que o faga sen anteponer os intereses do seu partido, e que o faga pensando no interés xeral da poboación desempregada de toda a provincia.
Os Socialistas defendemos a aplicación das políticas de fomento e creación do emprego dun xeito igualitario e proporcional as necesidades da pobaoción, independentemente da cor política do partido que goberne en cada concello, como exemplo disto cabe destacar o programa “Lugo Emprega” da Deputación Provincial de Lugo, que incorporará a vida laboral a mais de 700 parados de toda a provincia, seguindo criterios de distribución poboacional, fronte os 175 parados que beneficiará a Xunta de Galicia con oito obradoiros, todos eles destinados a concellos gobernados polo PP, sin ter en conta criterios coherentes.

martes, 8 de febrero de 2011

Programa de mellora das vías de comunicación de Antas de Ulla

Antas de Ulla conta co privilexio de ter recoñecido no seu territorio o centro xeográfico de Galicia. Ademáis en pouco tempo teremos moi preto de nós, a menos de 15 minutos da cabeza de municipio, dúas das principais vías de comunicación da Galicia interior, as autovías que unirán Lugo con Ourense e Santiago. No caso da última as obras están xa bastante avanzadas e podemos ver como pouco a pouco esta vía de especial interés para o noso concello toma forma, e podemos verificar sobre o terreo onde estará situada a rotonda de Filgueira (Palas Centro, pola carretera hacia Friol). Esta rotonda de enlace só dista do núcleo de Antas de Ulla 12 km, cun percorrido de 12 minutos, polo que representa o principal punto de unión coa A-54. Pero somos conscientes de que Antas conta con máis poboacións que tamén precisan achegarse o máximo posible a esta importante vía de comunicación sin meterlle un navallazo ó territorio de Antas de Ulla.

Para os socialistas as melloras das comunicación s do noso concello son unha costante dende tempos remotos, moito antes desta lexislatura os nosos compañeiros xa presentaron iniciativas neste sentido, a reivindicación das melloras das carreteras que comunican as aldeas, e tamén as vías provinciais que discorren por estas terras.

Consideramos, dende hai anos, que un dos principais eixos de comunicación do noso concello é a carretera da deputación que une Antas con Palas e con Chantada. Os socialistas sempre defendemos que este corredor de enlace entre dúas poboacións importantes con Antas como punto neurálxico era de principal importancia para o desenvolvemento deste concello. Hoxe en día representa un reto importante que antas de Ulla sexa un punto de unión importante entre as autovías que discorren polas poboacións antes citadas.

Queremos facer desta necesidade un compromiso con todos os veciñ@s de Antas de Ulla, e por eso preparamos un programa de mellora e desenvolvemento das principais vías de comunicación  e das pistas rurais de Antas de Ulla.

Poñémolo á vosa disposición para que libremente opinedes e entre tod@s colaboremos no desenvolvemento presente e futuro de Antas de Ulla.