Torre de Amarante

martes, 28 de junio de 2011

COMENZA A NOVA LEXISLATURA

Remataron as eleccións e en Antas de Ulla conseguiu a alcaldía o Partido Popular, tal e como decidiron a maioría dos votantes.
Agora para nos, para os concelleiros comenza un novo curso político no que descubrimos como o alcalde Javier Varela e os seus concelleiros lle contaban grandes verdades ós cidadáns cando lles pedían o voto ós cidadáns dicindo, por exemplo que lles votaran unha man porque os socialistas ían a por eles, ou porque a rubia esa os quería jo....En fin, que sí que lles dicían a verdade porque dende o seu punto de vista defender os interesees de tod@s os veciñ@s é atacar ós intereses particulares de cada un deles, que é, o que en definitiva defenden dende os seus postos políticos no concello e senón prestadelle atención á seguinte crónica elaborada polo noso grupo político despois do Pleno Extraordinario de Organización e xa me contaredes......


GARCÍA PORTO PLANTEXA REDUCIR AS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS EN ANTAS DE ULLA.
A proposta do PSdeG-PSOE recolle que só cobren do concello o alcalde e o tenente alcalde e que reduzcan nun 50% as súas asignacións.
Antas de Ulla, 28 de xuño do 2011. OS socialistas critican que non se sigan as pautas de austeridade predicadas por Feijoó e o PP e propoñen alternativas para reducir o gasto en Antas de Ulla.
Hoxe celebrouse o Pleno Municipal de Organización no que o alcalde, cos únicos votos a favor do PP, aprobou as dedicacións exclusivas do alcalde Javier Varela o Tenente Alcalde Robustiano Taboada e a concelleira Doris Sobrado.
Os socialistas critican que no concello de Antas de Ulla con pouco máis de 2.000 habitantes haxa tres dedicacións exclusivas que suman un gasto total de 104.000€ para as arcas municipais, o que supón 23.000€ máis que na lexislatura anterior na que había dúas dedicacións exclusivas e unha parcial. “ e aínda falta por saber se o novo tesoureiro municipal terá asignación económica como ocurría co anterior, que percibía aproximadamente 600€ de remuneración mensual, e se se contratará alguén para sustituir á concelleira liberada do Partido Popular”.
Neste punto o alcalde defendeu a súa proposta argumentando que “ o concello traballa como unha xestoría para os veciños” pronunciou Javier Varela, “labores que en moitos casos non lle son propias” aclaran os socialistas.
A voceira do PSdeG-PSOE insistiu en que a súa proposta ten en conta a actual situación económica e a idea de que os políticos deben predicar co exemplo. Deste xeito Pilar García Porto di que “ gustaríanos que cuestións como os salarios dos alcaldes e as dedicacións exclusivas municipais se regulen dende a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), tal e como dicía Feijoó que se faría cando prometía que nos concellos do PP se planificaría o gasto municipal e se establecería un código de boas prácticas económicas municipais”.

Noutro orde de cousas os socialistas nomearon a súa voceira Mª del Pilar García Porto como membro da Comisión Especial de Contas e segundo ésta manifesta “ estamos a favor da creación desta Comisión e desexamos que resulte máis útil que na pasada lexislatura, na que só nos reunimos unha vez en catro anos, e foi para tratar as contas dos anos 2004 ó 2007, motivo este polo que, repito, agardamos que se utilice este órgano tal e como dicta a lei, convocando á Comisión Especial de Contas alomenos unha vez ó ano para o seu correcto funcionamento, así o Concello gañaría en transparencia e en consecuencia en confianza da veciñanza”.

Por outra banda, a participación política vese reducida pois os Plenos pasan a celebrarse cada tres meses en lugar de cada dous como viña sendo habitual, neste senso a voceira dos socialistas apunta que ”a nosa proposta era ter maior participación política en representación dos veciños e veciñas e abrir os Plenos a unha maior afluencia de público, celebrándoos cada mes e en horario de tarde ou ben os sábados para que a veciñanza interesada tivera máis facilidades para asistir”, con respecto a esto o alcalde Javier Varela argumentou que catro plenos ó ano serían suficientes para controlar a acción do goberno e que con máis quedarían sen contido, ó que os socialistas engaden que “ a postura do alcalde deixa clara a pouca vontade que ten de fomentar a participación cidadá nos asuntos municipais” e “ non hai asuntos para tratar porque o alcalde non quere, nos aínda temos todas as propostas da lexislatura anterior sen incluir na orde do día de ningún Pleno, e podemos asegurar que as nosas aportacións lle darían contido ós debates de moitas sesión plenarias, pero coa proposta realizada hoxe pola alcaldía xa temos unha idea de cal vai a ser a postura do goberno de Antas durante os ximos catro anos”.
Así mesmo a Xunta de Goberno Local reuniráse cada 15 días e o Grupo Socialista solicitou que se lles entreguen as actas das reunións de dito órgano nos 10 días seguintes á súa celebración tale como define a lei “ e non como viña ocorrendo ata o de agora, que se nos entregaban as actas antes das celebracións dos plenos ordinarios cando os había”.
En canto ás asignacións por grupo os socialistas , que aínda non percibiron a adxudicación da lexislatura anterior, propuxeron reducila nun 100% e estaban dispostos a aceptar a proposta dos nacionalistas de recibir a cambio, o que xa é un dereito non percibido, un local e medios suficientes para cada grupo. Ambas propostas foron rexeitadas polo PP que realizou unha modificación da súa proposta inicial de 50€ ó mes por grupo e pronunciouse a favor dun fixo mensual de 40€ por grupo e 60€ máis por cada concelleiro ó mes.

No referente ó último punto da orde do día e que fai referencia ó cese do Secretario-Interventor polo plazo dun ano “convén aclararlle a cidadanía que dito cese fai referencia a unha sentencia do ano 2006 declarada firme no ano 2007 e que nada ten que ver co proceso aberto neste ano, no 2011, pola alcaldía polo que se suspendeu de emprego a D. Francisco Torrente Hortas, e que a data de hoxe está aínda sen resolver” manifesta voceira García Porto.