Torre de Amarante

jueves, 27 de enero de 2011

QUEREMOS A RECEITA ELECTRÓNICA PURA EN ANTAS

No caso de Antas de Ulla o sistema de recetas médicas que se está implantando é un sistema de receta electrónica mixto. A receta electrónica en papel, que fai que os veciños teñan dez días de prazo dende a fecha de expedición da receta para recoller as suas medicinas. En cambio coa receta electrónica pura os veciños/as poderían recoller as medicinas nun prazo de 30 días (dez días antes e ata vinte días despois da expedición da receta)
          Hai moitos veciños que se ven necesitados dunha amplia gama de medicinas que deben administrar con regularidade e frecuencia, como é o caso de persoas con enfermidades crónicas e, sobre todo, o grupo da terceira idade, que conforma un altísimo porcentaxe da poboación do noso municipio.
          Para o caso das persoas que teñan que tomar varios fármacos á vez, unido a que as caixas dos medicamentos esgótanse en ritmos diferentes, isto provoca que os veciños/as teñan que visitar varias veces á semana a farmacia co actual sistema de transición, mentras que coa receta electrónica pura e dura sería suficiente con acudir unha ou duas veces ó mes, e incluso o médico podería prescribir tratamentos de máis prazo.
          Esta situación agrávase considerablemente no caso do Concello do Incio que conta cunha poboación moi envellecida e que vive alonxada do núcleo, polo que é preciso que se despracen á farmacia moitas veces, obrigados a dispoñer dun taxi para recoller as súas medicinas.
          Co actual sistema ademáis os veciños/as vense obrigados a revisar continuamente a caducidade da receita dos fármacos, para saber cando teñen que ir a recollelos, o que lles resulta compricado porque na maior parte dos casos viven sós. Non levar a cabo un control da caducidade implica que perdan o medicamento e teñan que facer unha nova receta.
          Por todo todo o dito levamos unha moción ó pleno coa seguinte proposta de acordo:
·        Que o Concello de Antas de Ulla inste ó Sergas a posta en marcha da receta electrónica pura á maior brevedade posible no municipio de Antas de Ulla. 

sábado, 8 de enero de 2011

UNHA OPORTUNIDADE PARA SETE PARADOS DE ANTAS DE ULLA

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou o pasado martes 28 de decembro, o novo plan “LUGO EMPREGA” co que o organismo provincial reducirá o número de parados na provincia ó mesmo tempo que incrementa a cooperación cos Concellos. A partir da súa aprobación os Concellos dispoñen dun prazo de sete días para formalizar a súa contestación, que é absolutamente improrrogable.
        Fai uns meses o Concello de Antas de Ulla acolleuse á Orde da Consellería de Traballo e Benestar para solicitar obradoiros de emprego. Dos concedidos na provincia de Lugo ó noso Concello correspondeulle un, pero como fixo saber a Alcaldía en sesión plenaria o concedido non foi o total do solicitado, de xeito que continúa existindo a necesidade real de satisfacer a totalidade do proxecto inicial. Agora é o momento de que dende o Concello se tome conciencia e se aproveite esta ocasión para dar traballo os parados do noso municipio, que según o último dato de paro rexistrado do mes de novembro incrementáronse case nun 12% e xa ascenden a 104 desempregado/as.
Con este plan posto en marcha polo organismo provincial ó noso Concello por número de habitantes (1001-3000) corresponderíanlle 7 traballadores que disfrutarían dun contrato de seis meses e que poderían prestar os seus servizos como operarios oficiais realizando labores de mantemento, conservación ou mellora de servizos públicos de carácter municipal.
        Tamén é importante destacar que estes traballadores terían un custo cero para as arcas municipais, xa que logo a Deputación de Lugo asume non só o financiamento íntegro dos traballadores senón que tamén realiza a selección dos traballadores, liberando ó Concello desta carga.

        Por todo o exposto anteriormente, propuxémoslle ó alcalde que
tomase en consideración a posibilidade de adherirse ó Plan “LUGO EMPREGA” da Deputación de Lugo, agardamos que así o faga en beneficio dos parados de Antas de Ulla.