Torre de Amarante

lunes, 20 de diciembre de 2010

O PSdeG-PSOE de Antas de Ulla asegura que o concello certificou a realización dunha obra sin realizala.


Pilar García Porto califica o caso como un  “auténtico escándalo” e pregunta onde están os cartos sen invertir.



Antas de Ulla,  decembro do 2010.

 Os socialistas de Antas de Ulla denuncian a que consideran unha “gravísima irregularidade” do goberno local, xa que segundo explicou a súa voceira municipal, Pilar García Porto, certificouse e cobrouse unha obra do P.O.S 2008 que está sin rematar. O proxecto contemplaba  dotar de servicio de alcantarillado e depuración ás  parroquias de Dorra e Senande, pretendíase realizar as obras en dúas fases pero constituíndo cada unha  delas obras independientes, a solución adoptada foi levar a rede de alcantarillado e depuración, na primeira fase, a Dorra, Chapeleira, Forno e parte de Os Carreiros, pero a realidade é que “a día de hoxe nada de todo esto se comenzou e tan só se levou unha rede de traída de auga que se atopa en completo desuso”.
“Trátase dunha obra orzamentada en 58.857,24€ que debería dar solución a unha necesidade básica dunha das zonas máis poboadas do concello e que máis está contribuíndo á fixación de poboación”. Os socialistas consideran un “auténtico escándalo” que pese a estar a obra certificada e cobrada ó 100% “aínda falta toda a parte de saneamento por realizar e a traída non está dando servicio  ós veciños que teñen as tuberías aparcadas ás portas das casas”.

 Unha vez realizada a certificación dende o concello  o Grupo Socialita solicitoulle á alcaldía o acceso  ó proxecto  así como as posibles modificacións deste, pero o alcalde “ocultou a información e denegounos ver a documentación solicitada, polo que entendemos non houbo modificacións” por este motivo o PSOE pregúntase “ onde están os cartos que faltan por investir, xa que se están certificando obras que non están feitas, e así pódense nomear máis exemplos como o saneamento de Gradoi, o de Lebesende, o da Carretera de Santa Mariña ou mesmo o Horto Ecolóxico agora cuberto por un novo proxecto, etc… “ nesta liña tamén manifestan “ o alcalde xoga a despistar ás administracións e pretende mofarse dos veciños  sen tratar con rigor e seriedade os proxectos que lles afectan e que son tan necesarios para mellorar a calidade de vida nas aldeas”.