Torre de Amarante

domingo, 21 de noviembre de 2010

QUEREN QUE COMAMOS AS CONTAS SEN COCIÑAR E QUE NOS GUSTE

O pasado 26 de octubre do 2010 tivo lugar unha reunión da Comisión Especial de Contas do Concello de Antas de Ulla, non foi sen tempo!!!, despois de catorce anos sen que se producira este feito e tras moito insistir e sacarlle os colores ó alcalde nos Plenos conseguímolo, por fin poderíamos darlle solución a situación irregular que sofre o noso concello tal e como din os informes do Consello de Contas de Galicia.
Tras a celebración desta  reunión, abriuse a primeiros deste mes  o período de exposición pública das Contas  Xerais do Concello de Antas de Ulla correspondentes ás anualidades 2004, 2005, 2006 e 2007.

Durante dito período a documentación solicitada polos concelleiros e a voceira do PSdeG-PSOE non foi posta á nosa disposición nas repetidas ocasións en que foi solicitada e nos términos legalmente establecidos, alegando, según manifestacións do Secretario-Interventor, non estar dispoñible na súa totalidade.

Ante tales feitos procedemos a solicitar a información precisa por escrito, para que quedara manifesta a necesidade de acceder a toda a documentación solicitada para realizar as pertinentes labores de control e fiscalización por parte dos concelleiros da oposición, ós que os obriga a lei. 

Por outra banda,  o Concello de Antas de Ulla  conta cunha sociedade mercantil de capital íntegramente municipal, denominada “Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla, S. L.”, que ten a obriga de presentar as contas anuais e sometelas á Xunta Xeral da mesma , órgano formado polo Pleno do Concello de Antas de Ulla. As contas de dita empresa nunca foron presentadas ante o Pleno (dende a súa creación no ano 2001), e a documentación sobre as mesmas aportada para a súa revisión durante o período de exposición pública das contas xerais do Concello, non conta coa firma da totalidade dos administradores, e tampouco se aportan os correspondentes xustificantes de ingresos e gastos tal como prevé a lexislación vixente.

Así mesmo, o alcalde do Concello de Antas de Ulla, don Javier Varela Pérez, convocou a celebración dun Pleno Municipal de carácter extraordinario urxente, a celebrar o día 22 de novembro de 2010, para a aprobación das conta xerais do Concello de Antas de Ulla dos exercicios 2004, 2005, 2006 e 2007. A citada convocatoria foi realizada fora dos prazos mínimos establecidos pola lei, xa que o anuncio da exposición pública dos citados exercicios fíxose o día 29 de outubro do presente ano, polo que, entre esa data e a prevista para a celebración da citada sesión plenaria transcurriu un período de días inferior ós quince previstos para exposición pública máis os oito posteriores para a presentación de reclamacións, reparos ou observacións.

-         Que se sometan a Xunta Xeral (Pleno do Concello de Antas de Ulla) as contas anuais da sociedade mercantil de capital municipal “Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla, S.L.” correspondentes ás anualidades 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007, para a súa posterior inclusión na Conta Xeral Municipal.

-         Que se poña a disposición dos concelleiros e o público en xeral a documentación necesaria para o control e fiscalización das contas xerais municipais correspondentes ás anualidades 2004, 2005, 2006 e 2007 na totalidade da mesma.


-         Que se cumplan os prazos mínimos de exposición pública e posterior período para a presentación de reclamacións, reparos ou observacións.
     
   Supoñemos que reacción do alcalde será a de sempre: facer caso omiso das nosas propostas e non amosar o máis mínimo interés polos problemas reais, porque un concello coas contas transparentes e claras, sen dúbida favorécenos a tod@s.









sábado, 6 de noviembre de 2010

O PSdeG-PSOE DE ANTAS DE ULLA DENUNCIA A FALLA DE SENSIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL DO ALCALDE

“O concello de Antas de Ulla mantén unha escombreira de uso propio en terreos municipais”
Os terreos municipais que rodean a nave na que se albergan a  Cooperativa Agraria e o almacén de maquinaria transformáronse co paso do tempo nun auténtico vertedoiro de lixo incontrolado.
Os socialistas pregúntanse cómo pode un alcalde controlar os vertidos incontrolados do seu concello, cando tralo almacén de maquinaria municipal se atopa un vertedoiro de  inertes o que supón unha auténtica vergoña de cara ós seus veciños e un deterioro do entorno natural.
Este vertedoiro supón  un importante foco de contaminación e de riscos sanitarios, ademáis de converterse nun posible foco de incendio.
Turismo con vistas a un vertedoiro
Xusto enfrente deste punto atópase o complexo castrexo que o alcalde pretende reformar con 83.573,03 € do FEIL 2010, e como él mismo explicou no derradeiro Pleno coa finalidade de fomentar o turismo, pois é ben penoso que ó outro lado da carretera a primeira imaxe que temos dunhas instalación municipais sexa a de total abandono da nave na que se almacena a maquinaria do concello e na cal tamén ten as súas dependencias a Cooperativa Agrararia de Antas de Ulla da que é secretario o propio alcalde, e todo isto rodeado dun vertedoiro de lixo incontrolado.
Unha vez máis o pasotismo da alcaldía .
Lamentamos  o nulo control que se está a facer dende o concello, pois o vertedoiro ten varios anos de antigüedade, e non só o nulo control senón o propio  uso que fai o concello deste punto de vertidos inertes.
En numerosas ocasións lamentamos a incomprensible  pasividade do alcalde e o seu equipo ante outros asuntos, e agora ante este problema entendemos que o rexedor non  ten a suficiente sensibilidade medioambiental ante un problema que é de todos e que ofrece unha das máis desoladoras imaxes de Antas de Ulla nada máis aterrizar neste concello.
No último Pleno celebrado o alcalde afirmou que o problema estaba resolto pois acababan de encargar un contenedor para limpiar o lugar, a verdade e que pasaron dous meses e non se fixo ningunha labor na zona, simplemente se depositou o contenedor no lugar, nin se indicou para que sirve nin se transladaron a él vertidos.

Os vertidos aumentan
Podemos atopar de  todo dende electrodomésticos abandonados, a escombro, pasando por residuos metálicos ou plásticos de uso gandeiro e  unha morea de colchóns   e outros por non falar da maleza que cubre moita da superficie chegando as silvas ata o teito da nave, maleza que en caso de incendio supón un risco engadido.

Con respecto a esta situación solicitaremos de novo no vindeiro Pleno que se proceda a eliminación deste punto incontrolado de vertidos e a recuperación dos terreos, así como a creación dun punto limpo.




viernes, 5 de noviembre de 2010

O alcalde de Antas de Ulla rexeita unha inversión 400.000 €

A Deputación de Lugo, a través do programa Innóvate ofrece ós concellos da provincia a posibilidade de implantar a administración electrónica, de xeito completamente gratuito para as entidades municipais, e mellorar así a participación cidadán na vida local. Todas as actuacións que se propoñen implican a implantación de equipamentos e infraestructuras, así como a formación do persoal que o precise.
A administración electrónica permítelle ós cidadáns realizar un seguimento dos documentos que teñen en trámite a través do concello, dende  o seu fogar e a través da rede, dun xeito cómodo, seguro fiable e totalmente transparente, xa que en calquera intre o usuario pode coñecer a etapa da tramitación na que se atopa a súa documentación.
En pouco tempo todos os concellos, sen excepción terán que cumplir a Ley 11/2007 e veranse obrigados a facer melloras tecnolóxicas que no caso de Antas de Ulla entre infraestructuras e as aplicacións necesarias alcanzaría un valor de 400.000€, “un gasto que dentro dun tempo pagaremos todos os veciños e veciñas de Antas de Ulla cos fondos municipais, cando agora podería facerse de xeito que non incrementase os gastos das arcas municipais”.
“Unha vez máis o alcalde elude o seu compromiso e responsbilidade ó fronte do goberno local deixando pasar de largo unha oportunidade de evitar un enorme gasto para o concello. Esto pon evidencia una vez máis a desidia e abandono das súas obrigas para traballar de xeito imparcial para todos os veciños de Antas de Ulla e a súa xestión económica”.
“Desaproveitar esta oportunidade significa empeñar a este concello no futuro, pois cando haxa que facer as adaptacións precisaránse arredor dos 400.000 € para levalas a cabo, e entón haberá que recurrir ós créditos”
Unha vez máis este concello queda á cola dos da comarca e restantes concellos da provincia pois cabe lembrar que en total o 80% dos concellos acolleu  de bo grao esta medida.
“Os socialistas de Antas de Ulla opinamos que esta medida aportaría maior axilidade a todo o papeleo que hai que tramitar a través do concello, algo imprescindible nos tempos en que vivimos, pois entre os nosos veciños son moitos os que se viron obrigados a pedir prórrogas en diferentes subvencións por retrasarse demasiado os trámites administrativos municipais, e nos entendemos que esto se produce por falta de medios, de xeito que non chegamos a comprender por qué o alcalde non asinou a adhesión voluntaria ao proxecto Innova-TE cando este proxecto ten como obxectivo complementar, se é que as houbera, as iniciativas en materia de Administración Electrónica que se estean a desenvolver o se teñan planificadas no Concello. Por qué se renuncia a esta oportunidade de salvar un gasto importante de xeito gratuíto, que á vez aporta beneficios ós traballadores municipais e ós cidadáns, xa que trae da man  maior axilidade nas tramitacións e total transparencia”.
“Por todo o manifestado tentaremos que a alcaldía explique no próximo Pleno, cáles foron os motivos que o levaron a tomar esta decisión de xeito unilateral en perxuízo dos vecinos”.


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Antas de Ulla manifestase satisfeito pola intención do Alcalde de poñer ó día as Contas Municipais

Despois de máis de doce anos sin convocarse a Comisión Especial de Contas o Alcalde realizou unha convocatoria da mesma  que tivo lugar no día de hoxe.
Os membros do Grupo Municipal Socialista manifestaron unha vez máis a “constante preocupación pola situación irregular que sofre o Concello en materia orzamentaria, xa que o Concello de Antas de Ulla non presenta orzamentos dende o ano 2004”, e así tamén manifestan que:“Os socialistas vimos reclamando de xeito contínuo nos Plenos a necesidade de presentar as contas xa que o único que se fai é levar prácticamente  a todos os Plenos a aprobación de diferentes partidas de créditos. Esta situación irregular do tratamento das contas municipais de Antas de Ulla é especialmente preocupante polo motivo anteriormente citado xa que a xestión económica non é clara e o e a falla de transparencia é repetitiva dende o comenzó do mandato xa que como dicíamos a Comisión Especial de Contas non foi convocada en ninguna ocasión a pesar de ter a obriga de facelo por lei alomenos unha vez ó ano”.
As intencións da alcaldía
As contas que o alcalde pretende sarcar adiante son as correspondentes ás anualidades 2004, 2005, 2006 e 2007, de xeito que a última lexislatura completa, non se inclúe nesta primeira manifestación de intención de regularizar a situación das contas Municipais por parte da Alcaldía.
Comisión Especial de Contas
Finalmente, ante esta situación de constantes demandas da presentación das contas do Concello, por parte dos socialistas, a alcaldía convocou a Comisión Especial de Contas fora do plazo correspondente e cun mínimo marxe de tempo, tendo en conta que estamos a falar das contas de catro anos, de tal xeito que en tan só dous días a Secretaría-Intervención Municipal tivo que facer as revisións precisas e emitir os informes pertinentes, traballo materialmente imposible de realizar en tan curto espazo de tempo.

Tarde, mal e arrastras.
Como se dicía anteriormente “a Comisión convocouse despois de máis de doce anos sin que se celebrase ninguna, e fora do plazo estipulado neste ano. Este é un feito que pon de manifesto a constante improvisación á que nos ten afeitos o alcalde”.
Para a formación das Contas Xerais Municipais é preciso ter presentada a Conta Xeral da sociedade municipal “ Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla, S.L.” . “Estas contas non se presentaron ata hoxe pola mañá e sen os correspondentes xustificantes de ingresos e gastos, tan só suponen números reflexados en papel sin a aportación da documentación precisa e con dúas firmas”. Segundo o informe emitido pola Secretaría-Intervención queda claramente reflexada a necesidade de incorporar ditas contas á Conta Xeral que deberán estar elaboradas de conformidad e co disposto na normativa mercantil.
A posición dos socialistas, “cando o alcalde veña cos deberes ben feitos  contará con oso aprobado”
“Despois de que o Concello permaneza durante tanto tempo sen presentar orzamentos nin contas e ante as nosas constantes reclamacións nada pode satisfacernos máis que por parte da alcaldía se intente dar por fin un paso adiante nesta materia. Por iso esperamos que isto sexa eso, un paso, o primeiro de toda unha andaina para regularizar a situación. É o noso desexo que se resolvan todo tipo de  deficiencias e conflictos que xurden co Consello de Contas da Xunta de Galicia, pero para que podamos levar esta tarefa a cabo instamos hoxe ó alcalde a que se subsanen todas as deficiencias e se cumplan todos os trámites legais precisos para que os informes da intervención sexan positivos e así podan contar co noso apoio”.

Desgraciadamente o noso Alcalde, na súa tónica habitual, optou por presentar unhas contas ficticias e alexadas da legalidad ó tempo que culpaba da situación a Secretaría-Intervención do noso Concello http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/10/27/0003_8809980.htm, acusacións que foron rexeitadas categoricamente polo Secretario Municipal do noso Concello, Francisco Torrente Hortas. http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/11/02/0003_8822479.htm

El secretario del Concello de Antas afirma que faltan justificantes para poner al día las cuentas municipalesLUGO/LA VOZ. 2/11/2010

El secretario municipal de Antas de Ulla, Francisco Torrente Hortas, considera que todavía faltan justificantes para poder poner al día las cuentas del organismo local. El funcionario salió al paso de las manifestaciones realizadas por el alcalde, Javier Varela, que lo responsabilizó de la situación del concello afirmando que no había preparado los documentos y que le había dado «orde taxativa» para que desbloquease la situación y poder aprobar los balances anuales que están pendientes.

El funcionario salió al paso de las afirmaciones del mandatario señalando, en primer lugar, que las cuentas generales del Concello deben incluir también las anuales de la sociedad mercantil Empresa de Promoción Integral de Antas de Ulla, S.L., acompañadas de los correspondientes justificantes de ingresos y gastos. «E, con independencia doutros defectos formais e da falta de aprobación das mesmas polo pleno do Concelllo, o máis importante é que non foron aportados aínda os xustificantes de gastos e ingresos», dice Torrente Hortas. Asegura que en esas condiciones ni la Secretaría-Intervención, ni los miembros de la Comisión Especial de Contas, ni los posibles interesados, ni los integrantes del pleno «podemos comprobar a corrección ou non das cifras aportadas e dos gastos realizados, sendo doutrina reiterada do Tribunal de Contas que a rendición de contas debe permitir que quede acreditada a legalidade dos fins aos que se aplicaron os fondos públicos xestionados polo contadante».

Recuerda el funcionario que legalmente es a Intervención a quien le corresponde asumir la responsabilidad de que todos los apuntes contables respondan a actos sometidos al preceptivo control y fiscalización, debidamente documentados, que puedan ser comprobados en el procedimiento de tramitación de las cuentas.

«Pero resulta que na documentación existente -señala el secretario interventor-, elaborada materialmente a través de programa informático, están contabilizados algúns gastos e pagos (uns por pequenos importes, que citados illadamente poden dar a idea de defectos de escasa importancia, pero tamén outros varios por importes de miles de euros) que non foron sometidos á fiscalización previa do gasto e dos que o seu pago foi efectuado por un procedemento legalmente irregular, a través de domiciliación bancaria sen que fora avalado polas firmas dos tres claveros» matiza.

El funcionario municipal asegura que también está interesado «como o que máis» en que las cuentas del Concello puedan ser completadas y puedan ser corregidos los defectos. Dice que para ello colaboró y colaborará en todo lo posible, porque es su obligación. «E non é que exista un excesivo rigor na fiscalización interventora deste Concello, senón que, ben ao contrario o Consello de Contas ten xa sinalado, nas conclusións e recomendacións emitidas a raíz das auditorías -a las que hizo alusión el alcalde en sus declaraciones- que no Concello de Antas de Ulla compre reforzar os mecanismos de control interno da Intervención». Recuerda que el alcalde, que le compete presentarlas, y el pleno, que las aprueba, son los que deciden sobre la tramitación de las cuentas.






http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/10/27/0003_8809980.htm