Torre de Amarante

martes, 7 de septiembre de 2010

BOAS FESTAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Mañá é o Oito, así se coñece a tamén a festa da Nosa Señora dos Remedios en Antas de Ulla,e a min ocurreseme a seguinte pregunta ¿teremos auga no pobo?

porque no que vai de verán a verdade é que andivo algo escasa, coma sempre, sobre todo nas zonas altas do pobo e nos pisos máis altos. Pero este é un clásico dos veráns en Antas de Ulla, a única explicación dada polo alcalde nun Pleno foi dicir que as tuberías collían aire e non sabía por qué, desto fai un ano................. En Antas existen dous depósitos para que collan aire as tuberías parece que un ten que quedar sin auga...............porque digo eu que se sempre teñen auga ¿por onde entra o aire?, máis ben creo que ó alcalde non lle interesa falar da obsoleta instalación da traída no pobo de Antas que aínda ten tuberías de uralita que probablemente rompan se a auga ten a presión precisa para dar abastecemento a toda a poboación durante o verán.

O alcalde lonxe de por solución a este problema do "aire" que curiosamente só acontece no verán, cando aumenta o consumo, ameazou ós veciños a través dunha carta coa lectura dos contadores. Hai que lembrarlle que o servicio ten a obriga de mantelo e controlalo o concello e que lectura de contadores debe ser unha práctica habitual, como o era cos anteriores alcaldes, e que este concello conta cunha ordenanza municipal aprobada recientemente, nesta lexislatura na que se regula o uso da auga.

Por eso lle pido ó equipo de goberno local traballo e responsabilidade, non pasotismo e deixadez de funcións.

Por certo..........¿a quén lle cargarán a culpa este ano nos chismorreos e corrillos dos afíns ó alcalde?...................ó mellor con algo de sorte libra algún socialista, jajajajajajajajajajajajajajjaja..........BOAS FESTAS A TO@S!!!!!!!!!!!!!!!!