Torre de Amarante

miércoles, 24 de marzo de 2010

AVANCE ANTES DO PLENO - UN DICTADOR NO SÉCULO XXI

Onte pola tarde pasadas as 17.00h os concelleiros do PSOE recibimos as convocatorias para o Pleno que se celebrará mañá ás 13.00h,sen que se cumpliran as 48h preceptivas para que o plazo estea acorde coa lei, práctica que ven sendo habitual dende o comenzo desta lexislatura.



Pero a sorpresa foi maiúscula cando hoxe a primeira hora da mañá nos atopábamos revisando os documentos relacionados cos puntos da orde do día da sesión de mañá, e o alcalde irrumpiu no despacho da secretaría para ordenar que non saíra dese lugar a documentación, motivo este polo que os concelleiros viron impedida a súa labor de documentarse para o pleno de mañá. A práctica habitual sempre foi no Concello de Antas que a oposición levase a cabo no salón de plenos a revisión da documentación,xa que o despacho da secretaría é moi pequeño e non dispón dun espazo habilitado para esta tarefa.



¿Qué oculta o alcalde? ¿Por qué pón tantos impedimentos para que consultemos a documentación? ¿ a qué se debe esta falla de transparencia? ¿Por qué non presenta as contas? ¿ a qué ten medo o alcalde?



Esas son as preguntas que habitualmente nos facemos dende hai case tres anos cando se nos nega o dereito a consultar proxectos anteriores ó 2007 aínda que estean sen rematar, non se nos facilitan fotocopias obrigándonos a tomar nota á man de toda a documentación, non deixando que un concelleiro consulte dúas veces o mesmo proxecto, etc…



Realmente atopámonos nunha dictadura que o único que pretende é a ocultación de documentos públicos e dificultar a tarefa de control ó goberno como concelleiros e representantes que somos do pobo.



Falta de respeto



O pasotismo hacia as necesidades reais e máis básicas dos veciños queda posto de manifesto no momento en que o alcalde non respeta o traballo dos concelleiros na oposición, xa que en máis de dous anos e medio de goberno nunca levou unha iniciativa dos socialistas a Pleno para que poidese ser bebatida e denfendida correctamente no seo do Pleno, a pesar de que todas e cada unha delas foron iniciativasque contemplan actuacións destinadas únicamenteó concello de Antas de Ulla. Os rogos presentados polo PSOE con sorte dánse por oídos e as preguntas que facemos nos plenos son contestadas en contadas ocasións.

Ante esta situación na que non se nos permite realizar a nosa labor de concelleiros con normalidade xa que non se respetan os dereitos que como concelleiros temos e deste xeito non podemos ejercer os nosos deberes, acudiremos ó Valedor do Pobo para que nos ampare e na defensa dos nosos dereitos e deberes para desenmascarar esta actitude tan pouco democrática e carente totalmente de transparencia.

martes, 16 de marzo de 2010

MOCIÓN

A continuación publicamos o texto da última moción presentada polo noso grupo para sexa tratada no vindeiro pleno, que se celebrará o xoves 25 de marzo:

Exposición de Motivos:

Co paso do tempo os terreos municipais que rodean a nave na que se albergan a Cooperativa Agraria e o almacén de maquinaria municipal transformáronse nun auténtico vertedoiro de lixo incontrolado.

Este vertedoiro supón un importante foco de contaminación e de riscos sanitarios, ademáis de converterse nun posible foco de incendio.

Dende o concello non se está levando acabo ningunha labor de control, pois o vertedoiro ten varios anos de antigüedade, senón que se fomenta a utilización deste vertedoiro incontrolado, xa que o prpio concello fai uso deste punto de vertidos inertes.

Podemos atopar de todo dende electrodomésticos abandonados, a escombro, pasando por residuos metálicos ou plásticos de uso gandeiro e outros como mobiliario urbán (papeleiras e contenedores de lixo, etc…) por non falar da maleza que cubre moita da superficie chegando as silvas ata o teito da nave, maleza que en caso de incendio supón un risco engadido.

Por outra banda cabe decir que a lei de residuos de Galicia establece que as entidades locais serán competentes para a xestión dos residuos urbanos. Dentro da categoría de residuos urbanos inclúense os residuos xerados en domicilios particulares, entre outros:mobles, electrodomésticos, colchóns e outros voluminosos do fogar, que no caso do vertedoiro incontrolado de Antas de Ulla constitúen un apartado moi importante pola cqntidade que dos mesmos se poden atopar no lugar. Existen en Galicia empresas autorizadas para reciclar os colchóns e os mobles. Os Concellos deben contactar con elas para entregarlles estes residuos. Ditas empresas divídense en dous grupos: Unhas que só almacenan e outras que reciclan. Cando estes residuos proceden de comercios os Concellos non están obrigados a recollelos, pero poden chegar a acordos con quen os produce para súa correcta xestión. Polo que se refire os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos os concellos poden adherirse o Convenio Marco subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e os Sistemas Integrados de Xestión de Residuos Eléctricos e Electrónicos.

Tamén se consideran residuos deste tipo baterías, aceites de motor e outros resultantes do mantemento de vehículos realizado por particulares, así como pilas de botón, tubos fluorescentes e outros residuos perigosos.

Dentro das competencias dos concellos encontrase a de prestar os servizos derivados da xestión dos residuos urbanos. Dentro dos servizos que teñen que prestar inclúense a recollida, transporte, valorización e eliminación de residuos urbanos ou municipais de forma directa ou indirecta.



Por todo o anteriormente exposto, e coa finalidade de rematar coa utilización deste vertedoiro incontrolado, propoño ó Pleno desta Corporación a adopción dos seguintes

Acordos:

- que se realicen os trámites oportunos para dotar ó concello de Antas de Ulla dun Punto Limpo, para evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos. En definitiva para xestionar adecuadamente e de forma específica aqueles residuos que polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos) precisan un tratamento diferenciado.

domingo, 7 de marzo de 2010

FEIRA DO QUEIXO DA ULLOA 2010

Por sexta vez desde a fundación da Feira do Queixo da Ulloa, Antas de Ulla é o concello encargado de organizar este certamen de carácter itinerante pola Comarca da Ulloa.

Cabe destacar a especial condición desta feira pois representa un importante encontro gastronómico á vez que empresarial e cultural.

Este ano, durante unha fin de semana a actividade mercantil da Comarca da Ulloa centraráse na vila de Antas de Ulla. Este é un feito moi relevante pois cada tres anos é a data que máis persoas visitan o noso concello.

Para que esta edicción da Feira do Queixo da Ulloa se desenvolva con éxito precisa da realización dun traballo en equipo coordinado dende o concello, tanto coas queixerias como cos particulares que expoñan os seus productos, como cos empresarios da comarca así como demáis expositores que participen nesta edicción.

Como se dicía ó principio ten unha importante apartado cultural, motivo éste polo que é preciso coordinar as actuacións desta índole. 

Unha actuación de máxima importancia é a realización de concursos, a concesión ou non de premios e a incentivación á participación ou mesmo fixar as datas da celebración.



Para que a distribución das tarefas de organización deste evento se leven a cabo co maior rigor e coordinación posibles para acadar o máximo éxito posible propoñémoslle ó Pleno, os seguintes acordos:

- A creación dunha comisión especial para o desenvolvemento deste evento en Antas de Ulla, coa participación das tres forzas políticas con representación municipal, para que esto so teña unha finalidade: o máximo proveito para os veciños do noso Concello.

- Involucrar ás asociacións veciñais, os colectivos sociais, culturais e educativos, ós empresarios, agricultores e gandeiros, etc, para que realicen propostas e manifesten abertamente as súas posicións ante dita celebración.