Torre de Amarante

miércoles, 24 de febrero de 2010

III RALI DA COMARCA DA ULLOA

A pasada fin de semana celebrouse o III Rali da Comarca da Ulloa.


Este evento ocupa un espazo destacado entre as celebracións deportivas ó mesm tempo que constitúe unha fonte importante de ingresos para toda a Comarca da Ulloa.

Supón sen dúbida unha das celebracións que máis persoas atrae ó noso territorio, persoas que se achegan dende toda España para contemplar este espectáculo e que levaran a nosa fermosa terra no seu recordo, pero haberá algo que descoñecerán: que Antas de Ulla tamén é parte da Ulloa.

O culpable

Unha vez máis vemos como o concello de Antas de Ulla deixa a un lado as súas obrigas de promoción e representación non participando nesta celebración.

Debe saber este alcalde que moitas veces en política convén abandonar os localismos e os caprichos persoais a favor do ben común, e de poner o nome do noso concello a carón dos veciños Palas de Rei e Monterroso, que ante estas puntuais circunstancias amosan a suficiente madurez política e defenden xunto coa Deputación Provincial , a Xunta de Galicia e outros patrocinadores e colaboradores esta comarca interior que non pode desperdiciar a oportunidade de situar o seu nome na primeira páxina do mundo deportivo e aproveitala para proxectar as súas múltiples virtudes.

Pois ben como dicíamos o concello de Antas de Ulla non colaborou con este certamen, e nós , preguntámonos cal será a excusa, seguramente o equipo de gobernó argallará algo así como que os competidores derraman as estradas, cando a verdade e que nunca se coidaron debidamente, e será unha mala excusa porque nos outros concellos non se aprecia este problema.

É completamente incoherente que un alcalde que presume de ter previsto promocionar turística e culturalmente o concello deixe pasar unha oportunidade así para promocionar e poner en valor a nosa riqueza.

A ninguén sorprende

A situación económica do concello é delicada e así o amosan os feitos de que non se presenten as contas e que constantemente se estean aprobando créditos, por iso tal vez sexa este o motivo da exclusión de Antas de Ulla entre os patrocinadores.

Pode ser tamén que sexa a desidia á que xa nos ten afeitos o alcalde eludindo as súas obrigas de representación, non participando en eventos como a Feira do Queixo en edicións pasadas.


Inmadurez política

Con esta patética actitudes só amosa inmadurez política, e o único que consigue é aillar a Antas de Ulla e facer do noso concello un territorio marxinado entre os que nos rodean.

Actuación do PSOE

En relación con estes feitos o Grupo Municipal Socialista formulará unha pregunta no vindeiro pleno para que o alcalde explique debidamente cáles foron os motivos que o levaron anon participar neste evento de alcance comarcal.






VERTEDOIRO INCONTROLADO MUNICIPAL


SITUACIÓN ACTUAL DO VERTEDOIRO MUNICIPAL INCONTROLADO.
QUÉ VERGOÑA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

sábado, 13 de febrero de 2010

VERTEDOIRO MUNICIPAL

O PSdeG-PSOE DE ANTAS DE ULLA DENUNCIA UN VERTEDOIRO INCONTROLADO EN TERREOS MUNICIPAIS


“O concello de Antas de Ulla mantén unha escombreira de uso propio en terreos municipais”

Os terreos municipais que rodean a nave na que se albergan a Cooperativa Agraria e o almacén de maquinaria transformáronse co paso do tempo nun auténtico vertedoiro de lixo incontrolado.

Os socialistas pregúntanse cómo pode un alcalde controlar os vertidos incontrolados do seu concello, cando tralo almacén de maquinaria municipal se atopa un vertedoiro de inertes o que supón unha auténtica vergoña de cara ós seus veciños e un deterioro do entorno natural.

Este vertedoiro supón un importante foco de contaminación e de riscos sanitarios, ademáis de converterse nun posible foco de incendio.

Falla de coherencia do alcalde

Xusto enfrente deste punto atópase o complexo castrexo que o alcalde pretende reformar con 83.573,03 € do FEIL 2010, e como él mismo explicou no derradeiro Pleno coa finalidade de fomentar o turismo, pois é ben penoso que ó outro lado da carretera a primeira imaxe que temos dunhas instalación municipais sexa a de total abandono da nave na que se almacena a maquinaria do concello e na cal tamén ten as súas dependencias a Cooperativa Agrararia de Antas de Ulla da que é secretario o propio alcalde, e todo isto rodeado dun vertedoiro de lixo incontrolado.

Unha vez máis o pasotismo da alcaldía .

Lamentamos o nulo control que se está a facer dende o concello, pois o vertedoiro ten varios anos de antigüedade, e non só o nulo control senón o propio uso que fai o concello deste punto de vertidos inertes.

En numerosas ocasións lamentamos a incomprensible pasividade do alcalde e o seu equipo ante outros asuntos, e agora ante este problema entendemos que o rexedor non ten a suficiente sensibilidade medioambiental ante un problema que é de todos e que ofrece unha das máis desoladoras imaxes de Antas de Ulla nada máis aterrizar neste concello.

Todo tipo de vertidos

Podemos atopar de todo dende electrodomésticos abandonados, a escombro, pasando por residuos metálicos ou plásticos de uso gandeiro e outros por non falar da maleza que cubre moita da superficie chegando as silvas ata o teito da nave, maleza que en caso de incendio supón un risco engadido.



Con respecto a esta situación solicitaremos no vindeiro Pleno que se proceda a eliminación deste punto incontrolado de vertidos e a recuperación dos terreos.