Torre de Amarante

lunes, 25 de enero de 2010

IV XUNTANZA SOCIALISTA

O pasado sábado 23 de xaneiro, os socialistas de Antas celebrámos un ano máis a nosa tradicional xuntanza de inverno. A celebración contou con moita participación e tanto o Grupo Municipal como a Executiva do PSdeG-PSOE do noso concello manifestaron a intención de continuar traballando por un compromiso de futro con Antas de Ulla. A representación do partido tanto a nivel como autonómico correu acargo de Sonia Verdes Gil, actual vicepresidenta provincial e voceira no Parlamento do grupo de Alimentación, Agricultura, Gandeiría e Montes, tamén contamos coa presenza de representantes de Unións Agrarias e cómo non cos socialistas e outros veciños de Antas que se achegaron a pasar con nós este anaco de lecer.
Durante os derradeiros anos esta Xuntanza facíase xunto cas festas patronais na honra de San Cristóbal, pero ante a decisión de cambiar dita ceebración para un sábado vímonnos na obriga de aplazala mois amaioría dos que nos acompañaban traballan o sábado.
Bueno o realmente importante é que se celebrou con gran éxito, e o que é máis importante con moita armonía entre os participantes, xa que todos os que alí estabamos compartimos un interés común, o compromiso de cambio e futuro de Antas de Ulla.

martes, 19 de enero de 2010

HAI QUE PREPARARSE PARA O APAGÓN

Por medio do Plan Técnico Nacional da Televisión Terrestre, aprobado polo Real Decreto 944/2005 de 29 de xullo, fíxase para o 3 de abril de 2010 a data límite para o cese das emisións da televisión analóxica terrestre.
Igualmente estableceuse un cronograma de ampliación da cobertura ata alcanzar niveis do 95 e 98 % da población no 2010 cunha serie de fases intermedias xa realizadas.
Os veciños de Antas de Ulla precisan recibir información próxima sobre os aspectos básicos da Televisión Dixital Terrestre (TDT) unha vez chegue o apagón analóxico así como dos pasos a seguir para acceder ás subvencións do Ministerio de Industria para mercar os sintonizadores, para non atoparse con sorpresas ante o inminente apagón analóxico (3 de abril do 2010).
En xeral o nivel de cobertura TDT en Antas de Ulla é correcto, pero poden existir deficiencias nalgúns casos que non teñan unha correcta recepción do sinal.

Por todo o anteriormente exposto, propoñemos no Pleno que se celebrará este mes a adopción do seguinte acordo:

- Que se cree unha oficina municipal para informar ós veciños e veciñas dos cambios que suporá a implantación da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e tamén para prestar asesoramento sobre as axudas existentes para a compra e instalaciónde sintonizadores así como da posibilidade de instalar microreemisores onde a cobertura sexa deficiente.

TEMPORAL

Dende a pasada noite do mércores 13 de xaneiro ó xoves 14 e ata o día de hoxe máis de 100 vivendas permaneceron en Antas de Ulla sen suministro eléctrico, o cal supón un elevado número de persoas sin recibir este servicio.
Entre os núcleos afectados caben destacar os seguintes: Chorente, O Pumar, Arcos, Cabo de Arcos, Veloín, A Fraga, Billós, A Somoza, Río, Castro, Santa Cristina de Areas, A Hermida, Lebesende, San Mamede, A Agüela, Cibreiro, Peibás, Verín, Velanxil, algunhas casas do Castro de Amarante.
No casco urbán houbo vivendas afectadas polo corte durante aproximadamente 30 horas, así como o colexio público e o propio concello, e varios negocios da localidade.
Para unha poboación rural como é a do noso concello a situación complicouse pasadas varias horas sen suministro, xa que hai poboacións que non teñen traída e dependen exclusivamente dos pozos para ter auga corrente tanto para as vivendas como para o gando, numerosos electrodomésticos quedaron en desuso así como calefaccións e a auga quente.
A situación viuse agravada para unha poboación envellecida que precisa especiais coidados e atencións e que en moitos casos son dependentes, viven sos ou mesmo precisan da electricidade para determinados aparatos imprescindibles para manter a súa saúde.
Nas explotacións moitos foron os gandeiros que tiveron que acudir ó préstamo ou aluguer de grupos electróxenos para manter a producción e nalgúns casos mesmo se viron forzados a deixar saír ó gando para que poidese beber.
Mentras aproximadamente un tercio da poboación de Antas de Ulla vivía con preocupación esta caótica situación a compañía suministradora non informou adecuadamente ós usuarios de cales eran os motivos que ocasionaron tal situación qué pasos debían seguir como usuarios e tampouco ofreceron información fehaciente de cando se estimaba que podería recuperarse o suministro.
No concello a situación foi confusa, según manifestaron numerosos afectados, xa que algunhas persoas dan queixas de que non amosaron interés para solucionar o problema, mentres que outros manifestan que notificaron da situación ó concello, e cando outro veciño reiterou a protesta contestáronlle que non tiñan coñecemento da mesma.
O PSdeG-PSOE de Antas de Ulla manifesta que esta non é a primeira vez que este concello sufre situacións deste tipo nas que parece que ninguén ten responsabilidades e se pasan a pelota eludindo obligacións. A caótica situación non debe repetirse, a falla de información e as prácticamente nulas actuacións levaron a moitos habitantes deste concello a sentirse marxinados e frustrados. Por este motivo presentaremos ante o Pleno Municipal que se celebrará a finais deste mes unha proposta de elaboración e posterior aprobación dun Plan de Emerxencias Municipal (PEMU),que non constitúe unha obligación legal, pero , sen dúbida sería interesante contar con esta ferramenta cuio obxectivo principal é tratar de asegurar a realización de todas as actuaccións que contribúan a evitar, controlar e minimizar os danos causados polas situación de emerxencia..
Un PEMU é unha folla de ruta que marca os pasos a seguir ante casos de emerxencias e as directrices de actuación entre os medios para afrontar a incidencia. Tamén resultan útiles para diagnosticar as infraestructuras e os medios dispoñibles en materia de seguridade así como as deficiencias existentes.
O PSOE tamén preguntará no Pleno cáles foron as actuacións levadas a cabo polo concello en materia de prevención, emerxencia e seguridade nos dous últimos temporais o de neve que provocou abundantes situacións complicadas a causa do xeo e o de vento e choiva desta semana.

PONTE DO ESTANCO

A estrada provincial que une Antas de Ulla con Santa Mariña leva tempo en obras, en concreto máis dun ano, xa que se melloraron tres km desta vía, que van ata Randulfe. Nestas melloras o que fixo a Deputación Provincial foi gañar un metro de ancho sin expropiar, únicamente collendo terreos que ata ese momento eran cuneta, e cubrir con triple riego asfáltico no ano 2007 á vez que se delimitaban as marxes laterais con marcación horizontal; ademáis doutras melloras levadas a cabo de Randulfe a Santa Mariña ó seu paso por Gradoi.
É polo tanto unha estrada da competencia da Deputación Provincial de Lugo, que leva en obras máis dun ano e medio, feito do que é coñecedor o Concello e todos os veciños de Antas de Ulla.
É sorprendente que o Alcalde de Antas de Ulla fale de falla de respeto institucional cando él foi o primeiro en amosar unha falla de respeto pola institución titular da vía e os usarios da mesma, ó acometer obras de saneamento nesta estrada, sen as autorizacións pertinentes, rompendo e destrozando o firme da vía e deixando un carril prácticamente inutilizable en varios metros, co conseguinte risco para o tráfico, xusto no lugar en que unha tapa de alcantarilla deixa saír vertido con frecuencia á vía pública. Motivo éste polo cal a Deputación Provincial de Lugo ten aberto un expediente sancionador que xa lle comunicou ó Concello.



O Grupo Municipal Socialista asegura que o único que falla ó respeto de todos os veciños é él que está máis preocupado en desacreditar e entorpecer as obras da Diputación, para intentar que non se realicen, que decumplir cos veciños cando desde a alcaldía se realizan obras que tardan anos en rematarse ou simplemente non se rematan, das que non se rinden contas ante os veciños, xa que non se lles cal é o prazo de execución nin canto se vai a invertir; facendo así unha política pouco transparente e enganosa para todos.
Por outra banda é curioso que se preocupe tanto da sinalización cando él mesmo toma as fotografías con intención de engañar porque de todos é sabido que existen ospaneis suficientes advertindo da obra sen que ninguén chegue á mesma desprevenido. Decimos que é curioso porque nas obras do Concello a sinalización é escasa ou nula para ocultar obras de escasa calidade que na maioria dos casos entorpecen durante períodos de tempo excesivamente prolongados a vida cotiá dos veciños.
Ante esta reacción do alcalde o Grupo Municipal socialista manifesta que “ sempre velaremos para defender os intereses dos veciños de Antas de Ulla por enriba de calquera outro e procuraremos que se leven obras da máxima calidade posible para contribuir ó desenvolvemento do noso conc ello e ó benestar de todos os veciños e veciñas de Antas de Ulla”.

HIPOCRESÍA POLÍTICA

As prácticas do grupo de gobernó encabezado polo popular Javier Varela son ben coñecidas polos veciñ@s de Antas de Ulla.
A pesar de que o prazo legal para presentar o exercicio económico correspondente ó ano anterior rematou o pasado mes de marzo o Concello de Antas de Ulla segue traballando coas contas prorrogadas do 2004, sin que por parte da alcaldía se manifeste o máis mínimo interés por solcionar este problema, a pesar de ter manifestado públicamente na prensa que se ían presentar os orzamentos.
É signifificativo que mentras outros concellos se esforzan por ter ó día a presentación de contas e por aprobar xa os orzamentos para o ano 2010, en Antas de Ulla se continúa cos orzamentos prorrogados de seis anos atrás.
Esta situación anómala pon de manifestó a incapacidade do alcalde para levar a cabo unha política clara e transparente que beneficie por igual e sin discriminación a todos os veciñ@s.
Con esta actitude o alcalde fai que os veciñ@s e o PSOE de Antas de Ulla nos preguntemos cal é a política económica que pretende levar a cabo o alcalde.
Nun concello é preciso, ademáis de sano, coñecer con qué orzamento se conta e cal é o criterio político que levará a cabo o alcalde na inversión deste.
Neso, entre outras cousas, consiste gobernar, en tomar decisións e facelas públicas, de xeito que a cidadanía coñeza sen oscurantismo cales son os compromisos e inversión a desenvolver polo equipo de goberno; todo o demáis, é dicir, o que acontece en Antas de Ulla é HIPOCRESÍA POLÍTICA.
O rexeitamento por parte do PSOE de Antas de Ulla hacia estas prácticas é totalmente rotundo, motivo éste polo que a partir de hoxe acompañamos ós compañeiros do BNG manténdonos de pé cando se traten asuntos relacionados coas contas muicipais, pero no noso caso sen renunciar ó noso dereito de pronunciarno durante as sesión plenarias.
As convocatorias a plenos extraordinarios para a aprobación de partidas crediticias son contínuas por parte da alcaldía, o cal constitúe un despropósito e unha falla de respeto hacia todos os veciñ@s e hacia os grupos na oposición.
Hai que recriminar tamén a este alcalde o vacío continuo que fai dos plenos, xa que no que vai de lexislatura non incluíu unha soa vez na orde do día das sesión plenarias unha das moitas propostas feitas por este grupo, tampouco resposta ás preguntas que se formulan e éstas aprázanse dun pleno para outro de tal xeito que na maioía dos casos quedan sen respostar, o mesmo acontece cos rogos que simplemente se dan por oídos.
O feito de valeirar os plenos valeira tamén a política municipal chegamos a comprobar que o asunto máis tratado nas sesión plenarias é con frecuencia a constante multiplicación de débedas ás que fai fronte este concello.
Este alcalde xoga cos cartos de tod@s como se fosen del, hipotecando deste xeito o futuro de Antas de Ulla e o de todos os veciñ@s.
Cabe tamén destacar a discriminación informativa que o alcalde exerce hacia os grupos na oposición xa que a información que se ofrece para levar a cabo a labor de control ó gobernó é escasa ou nula, e o mesmo acontece con aqueles veciños que non comparten ideas co equipo dde goberno local .

O ENGANO DE SAN MARTIÑO

O PSdeG-PSOE de Antas de Ulla informa que os veciños de San Martiño de Vilapoupre amosan o seu descontento polas obras pertencentes ó Plan E que se están realizando no campo da festa de dita poboación.
Os veciños desta aldea tiñan coñecemento de que a través do Fondo Estatal se ían acometer un peche parcial do campo da festa, en concreto a parte frontal do mesmo que limita cunha estrada municipal, e que supón o principal acceso a San Martiño de Vilapoupre. Contemplábase na memoria un muro en pedra que ó tempo que delimitaba a superficie do campo facía de muro de contención para que non se desprendera a terra deste.
Pero esta semana atopáronse cunha situación diferente, xa que a empresa que está realizando as diferentes obras do FEIL neste concello, comenzou a cercar o espazo público con postes de pino, e delimitando toda a superficie, motivo polo que os veciños amosaron a súa decepción xa que as obras non son as mesmas que nun primeiro momento se contemplaban na primeira memoria do proxecto presentado ó Ministerio de Política Territorial, e as fontes da empresa executora manifestaron diante dos veciños non coñecer ningún proxecto e que seguían órdenes dun responsable municipal que os compañou para decirles por onde ía o peche.
Agora os veciños desexan coñecer cales foron os motivos que levaron ó alcalde e ó equipo de goberno a modificar as obras que se contemplaban nun primeiro momento, e que claramente tiñañ melloras importantes con respecto ás que se están realizando na actualidade.
O Partido Socialista de Antas de Ulla comparte a preocupación veciñal e procurará que en todo momento se executen as obras tal e como se contemplaba na memoria inicial do proxecto presentado perante o Ministerio.

O ALCALDE DE ANTAS DE ULLA RETRASA O ENSANCHE HACIA CHANTADA

O ALCALDE DE ANTAS DE ULLA RETRASA O ENSANCHE HACIA CHANTADA

Na carretera que une Antas de Ulla e Chantada (C.P. 1.809) a Deputación Provincial de Lugo está realizando obras para o ensanche e mellora desta vía, esta actuación afecta a dous postes de alumeado público do concello de Antas de Ulla situados en Amoexa e sete farolas que están instaladas en postes de UNIÓN FENOSA en Peibás pero que son de propiedade municipal.
25 de maio
A Deputación solicitoulle o día 25 de Maio ó Alcalde que modificara o tendido, para o cal ten que retirar os dous postes e as sete farolas para que poda continuar a mellora da carretera. Esto pódese facer de dúas maneiras:
- Retiralas con medios propios, é decir, cos operarios do Concello
- Ou solicitándolle a UNIÓN FENOSA que o faga ó mesmo tempo que retira os seus postes, de xeito que a Deputación págalle a UNIÓN FENOSA a retirada de liña e o Concello de Antas non tería ningún gasto.

23 de xuño (case un mes despois)

O PSOE de Antas denuncia na prensa a paralización
da obra pola demora no cambio dos postes.

25 de xuño (un mes despois)

O alcalde asegura na prensa que xa deu
permiso para cambiar as dúas farolas


25 de xullo (dous meses despois)


En Amoexa continúan os dous postes de
alumeado do Concello sen retirar, aínda que se retiraron xa os sete que son propiedade de FENOSA.

02 de outubro ( máis de catro meses despois)

No Pleno formulámoslle ó alcalde unha pregunta para saber se tiña prevista alguna actuación con respeto á retirada dos postes de Amoexa na vía provincial, a resposta non foi clara, vaia que non dixo se os retiraba ou non, pero amenazou á Deputación con responsabilidades. A verdade é quen tentamos explicarle a situación pero non nos permitiu en ningún momento tomar a palabra, e foi unha lástima porque este señor a pesar de ser alcalde parece que non sabe moi ben como funciona a administración.
A Deputación segue a día de hoxe esperando o presuposto dos gastos da modificación da situación dos postes, para a continuación aprobalo se procede. Este presuposto tenllo que remitir o Concello de Antas, xa que este é o tramite oportuno que ten que facer o concello ó recibir a comunicación que como dicía anteriormente ten data do mes de maio.
Pero este alcalde non quere escoitar a ninguén e penas sempre que está en posesión da verdade absoluta, debería informarse mellor e non dicir esas barbaridades sen máis nun Pleno.




Todo esto demostra que o Alcalde se opón a continuación da obra, ¿por qué o fai?
Acaso non lle preocupa que os veciños de Olveda, Amoexa, Caira, Rial, Timós, Velanxil, Peibás… e calquera que utilice esta vía non o poda facer nas debidas condicións, ou máis ben lle preocupa que outra entidade realice acondicionamentos e melloras no Concello de Antas de Ulla dos que non se pode beneficiar electoralmente.
Desde o PSdeG-PSOE opóñemonos a esta forma de actuar do alcalde que perxudica a tódolos veciños, nos defendemos que un Alcalde sempre debe estar da parte do seu pobo, porque éste cos seus votos lle da aconfianza para que o goberné e non para que o utilice de xeito caprichoso.

O PSdeG-PSOE DE ANTAS DE ULLA FAI BALANCE DA TEMPADA ESTIVAL EN ANTAS DE ULLA

Dous meses despois de que se abrira a tempada estival nas instalación deportivas en Antas de Ulla queda pisada da nefasta xestión de espazos públicos feita polo equipo de gobernó local.
O PSdeG-PSOE puxo en coñecemento da opinión pública o pasado mes de xuño a situación de abandono na que se atopaban as insatalacións municipais, ante o temor de que non se atopasen en situación de poder abrir as portas ó público a primeiros de xullo.
En poucos días o Concello salvou a situación de xeito apresurado e desordenado tendo como resultado un funcionamento deficiente durante todo o verán: a mayoría das duchas non funcionaron durante toda a temporada co conseguinte carreto de suciedade ós vasos das piscinas, durante as horas de apertura ó público de 12h a 20h as depuradoras permaneceron apagadas, utilizando antes de abrir as portas cada día un producto para a decantación da suciedade( segundo declaración feitas por usuarios habituais e responsable da seguridade nas instalación públicas), o cespede estivo carente dos máis mínimos cuidados e secou case por completo a pesar do verán tan húmedo, as varandas de seguridade da parte alta do tobogán faltaban coa conseguinte falla de seguridade a que tamén contribuían a falla de reixas nos aliviadeiros do exceso de auga das piscinas, nas que xa aconteceu alomenos un accidente cunha nena que sufriu un corte profundo a causa do deterioro e rotura das mesmas.
O abandono é latente e así o confirman as voces que constantemente se escoitan entre o público que acude ás intalacións e que constantemente fan alusións a cor verde amarronada da auga do vaso grande, así como os desconchados da pintura de todas as piscinas; os vestiarios están sucios e as duchas dos mesmos non teñen auga, o mesmo sucede cos aseos públicos para uso dos bañistas que se atopan moi detteriorados e moi sucios pola falla de limpeza.
O máis grave é o risco permanente de sofrir accidentes dentro das instalación por non cumplir a normativa aplicable en Galicia nin facer as labores máis básicas de mantemento, xa que atopamos numerosos desperfectos nos pasillos que rodean as piscinas donde é moi fácil que se produzan cortes nos pés.
A realidade é que a xestión feita polo alcalde e o seu equipo de goberno vese perfectamente reflexada neste espazo de lecer que son as instalación deportivas do pobo, completo abandono e pasotismo, pero asituación de desgobernó que sufre Antas de Ulla queda tamén reflexada nos demáis espazos públicos do concello, aceras sin limpar, plazas cubertas de maleza, vamos que ofrecemos unha imaxe moi pobre do concello xa que calquera que o visite rápidamente aprecia o abandono de todos os espazos públicos, a un pobo non se lle pode dar pan e circo coma no tempo dos romanos hai que darle traballo e xestión municipal para que saía do olvido e os seus habitantes retomen a ilusión e a forzas para levantalo.